Somos un grupo de veciñas e veciños de Barreiro (Lavadores), familias con cans que, por iniciativa propia e de xeito apartidista, decidimos actuar para optimizar o proxecto do futuro parque canino de Barreiro elaborado polo Concello de Vigo. Con esta motivación, elaboramos unha proposta que busca adaptarse e beneficiar por igual ás familias con cans e ao resto da cidadanía.
O 10 de marzo de 2025, presentamos por rexistro este proxecto no Concello de Vigo, respaldado pola firma de 108 familias con cans da zona de Barreiro. A nosa iniciativa pretende crear un espazo que fomente a convivencia harmoniosa entre todos os veciños, teñan ou non cans, mellorando así a calidade de vida no noso barrio.
Podes acceder o proxecto desde este enlace:
https://parquecaninobarreiro.blogspot.com/2025/03/parque-canino-barreiro-vigo.html
Contacto: parquecaninobarreiro@gmail.com